| Aquis Querquennis |
|
|
|
|
Conxunto arqueolóxico localizado no municipio de Bande figura entre os sitios romanos máis relevantes de Galiza. Escavado por primeira vez en 1975, aÃnda permanece baixo terra máis da metade do conxunto, composto dun campamento militar, unha mansión viaria e varios mananciais de augas termais.
O de Aquis Querquennis foi o campamento dunha das cohortes da lexión que controlaba a Gallaecia, a Legio VII Gemina, e un dos epicentros militares desde os que se promoveu a construción da Via XVIII ou Via Nova. Esta ruta unÃa as antigas capitais de Asturica Augusta (Astorga) e Lucus Augusti (Lugo) atravesando a provincia de Ourense.
A mansión viaria funcionaba como hospedaxe para os viaxeiros que percorrÃan a Via Nova. A ruta contaba cunha rede de mansións, separadas entre si pola distancia equivalente a unha xornada de viaxe. A de Aquis Querquennis era algo semellante a un balneario, xa que contaba con instalacións termais. Entre as construcións escavadas figura o que semella un edificio hostaleiro, dotado dun gran patio cuberto, un forno de pan, un sector destinado á hospedaxe, unha cociña e mais un patio exterior cercado provisto dun pozo para a beberaxe das bestas. As augas termais, con multitude de mananciais, abrollan abondosas entre os restos do antigo estabelecemento termal. Tal como sucede noutros moitos puntos da provincia, estes mananciais de auga quente son empregados por moitos visitantes que lles atribúen propiedades contra as doenzas reumáticas e da pel.  Ver mapa más grande  • Datos principaisCampamento romano e mansión viaria de Aquis QuerquennisN41°58'30.29'' - W7°59'01.49'' Datacións. I - s. II EstiloRomano • Datos de contactoPorto Quintela-32840 Bande Centro de Interpretación Aquae QuerquennaeVÃa Nova, Bande.
Xullo e agosto: de martes a domingo de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00. Setembro a outubro: de mércores a domingo de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00. Outubro a marzo: de mércores a domingo de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00. Marzo a xuño: de mércores a domingo de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00. Prezo: entrada gratuÃta. Grupos: cómpre chamar e facer reserva. |